Kafka e a boneca viaxeira texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os rincóns do mundo.
Para a versión galega, Sandra Romarís, Emilio Cao e Xocas López adaptaron o texto orixinal de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura no 2007, teatralizado por Guillem J. Graells. Baixo a dirección de Cristina Domínguez e Fernando Bernués, o espectáculo conta cun elenco de caras moi coñecidas no teatro galego. Xosé Manuel Olveira Pico, que na montaxe interpreta a Kafka, é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares. Rocío González, que exerce de Elsie na obra, traballou para o Centro Dramático Galego e outras compañías galegas. Pola súa banda, Lucía Regueiro, que interpreta a Dora, traballou con Teatro do Atlántico e na serie televisiva Libro de Familia, da TVG.
Es una historia basada en un hecho real, en la que el casual y sorprendente encuentro entre Franz Kafka, ya adulto, y Elsie, una niña de apenas cinco años. Nos hablaba de la habilidad reparadora de la ficción de cómo la capacidad de fabular e imaginar es el alimento del alma humana. Kafka, a lo largo de tres semanas y veinte cartas, consiguió que la niña no solo dejara de llorar por haber perdido su muñeca, si no que comprendiera mejor el mundo y la vida que la rodeaba. Elsie, con su sonrisa maravillosa y su mirada inocente, devolvió al propio Kafka, ya a las puertas de la muerte, su confianza en la ficción para conseguir un gramo de felicidad.
Julio Perugorria Producciones, S.L.
Erretentxu Kalea, 32 bajo 48200 Durango, Bzkaia
0034 946 816 743 | jpproducciones@jpproducciones.com